Homenaje a J. A. Durán: Durán Iglesias divulgador

El primer CastelaoA investigación nos círculos da universidade ou os dos centros de investigación adoita quedar dentro deses reducidos perímetros circulares e non sempre as súas ondas chegan á cidadanía a través das publicacións ou da divulgación por outros medios estes estudos.

Canda eses estudos danse na comunidade investigadora, outros pescudadores que laboran fóra desas institucións públicas profesando outros oficios para financiarse e que dedican tempo ó estudo e a divulgacións dos mesmos. As investigación case sempre acaban en artigos e en libros que poden achar os lectores en xeral, e os mesmos profesores universitarios. Mesmo se pode dar que ambos, o círculo pechado e o aberto, poidan coincidir xuntos en algún congreso.

O mestre Durán Iglesias por onde estivo e foi, prospecionou nos xornais de outrora na busca de novas alí acochadas. Valeuse desas mensaxes impresas do pasado para tecer con elas historias no presente. Buscou eses xornais en moitas bibliotecas e esfollounos para logo estraerlles o seu gran a cada espiga. Durán Iglesias, da Terra da Seabra, casou cunha rianxeira e aveciñou en Rianxo onde pasaba as vacacións e tempadas, e en Pontevedra onde tiña casa de seu.

Por iso soubo do proscrito Daniel Rodríguez Castelao. Por Rianxo estaban as dúas únicas irmás vivas con obxectos, escritos, debuxos e impresos e coa memoria de Daniel. Por outra parte pola parte conxugal de Durán Iglesias puido acceder a pinturas de Castelao, a manuscritos, fondos de prensa, documentos de época e informarse das relacións que estableceran, uns e outros, co ilustre rianxeiro.

Do estudo deses documentos e da consulta á memoria das xentes foinos ofrecendo ós lectores eses descubrimentos. Por el soubemos das interesadas bandas políticas en Rianxo e por el soubemos, grazas as súas miradas, de Castelao entre 1886 e 1916. El é o autor da primeira biografía publicada en maio de 1972: El primer Castelao. Biografía y antología rotas. Como sempre esta obra ó estar escrita en castelán e nunha prestixiosa editorial (siglo XXI) chegou a moita xente e por el moitos descubiron unha parte da vida do eximio rianxeiro.

Castelao en El SolLogo, en decembro, viría Historias de caciques, bandos e ideologías en la Galicia no urbana (Rianxo 1910-1914). En 1975 chega outro libro mais Castelao en El Sol publicado en Madrid: Akal. En setembro de 1976 publicase a segunda edición de Historias de caciques… Durán Iglesias deu outras achegas para entender a historia de Galicia mentres pero seguindo só con Castelao, en 1979 sae a segunda edición corrixida e aumentada de El primer Castelao…

Todo isto e mais, fixo que el fose o responsable da exposición Castelao 1886-1950 do catálogo e do folleto no centenario do nacemento de Castelao que inaugurou en Madrid no Real Jardín Botánico o 3 de marzo onde estivo ata 13 de abril de 1986.

Non só iso senón que en outubro de 1986 saía dende Madrid o Tren Castelao con esa exposición para divulgar a obra e a acción de Castelao no seu percorrido. O catálogo, en galego e en castelán, da mesma cos seus centos de reproducións, malia a suprimir tódolos pés dos debuxos en galego e estar sen datar as reproducións, era a maior recompilación visual do labor artístico de Castelao.

O investigador valeuse, pois, da conferencia, do artigo, do libro, da exposición, da linguaxe cinematográfica cos documentais e da edición dixital para ser sobre todo un divulgador.

 

HOMENAJE A JOSÉ ANTONIO DURÁN:

  1. Pablo Durán
  2. Mª de los Ángeles Tilve Jar
  3. Javier Munáiz
  4. Miguel Anxo Seixas Seoane
  5. Rafael Chacón Calvar
  6. Justo Beramendi
  7. Luís Cochón
  8. Rosario Álvarez