Principal |Presentación | Ratonera | Ratón | Zaratustra | Gato | Perro | Loro

¡Hola, bienvenido a LA CUEVA DE ZARATUSTRA!
[ Date de alta como usuario ][ Activa tu usuario ]


Si quieren estar informados de las novedades de la cueva regístrense, tan sólo es necesario un apodo y un email; La Cueva de Zaratustra está basada en Luces de Bohemia de don Ramón del Valle-Inclán y es la apuesta del Taller de Ediciones J. A. Durán por el Librepensamiento;
Comentando Libros: Á PROCURA DO NOSO PASADO
Enviado el Saturday, 05 November a las 09:09:58
Tópico: Texto y fotografía
Historia e Lenda dos Muruaís de José Antonio Durán. Escrito por Manuel Rodríguez Alonso para vieiros.com

Historia e lenda dos Muruais.
Do folletín Posromántico ó Andel Modernista
José Antonio Durán


Desde os xa afastados tempos de El primer Castelao ou de Crónicas 1, Durán, un escritor singular no panorama da literatura galega –pois é un dos poucos que se dedica a tempo completo á investigación e á literatura e que ademais non pertence ao mundo académico oficial– ofrécenos agora unha visión de grande orixinalidade do que supuxeron os Muruais e o seu círculo, xa non só na Pontevedra do seu tempo, senón mesmo no ámbito da cultura galega e estatal.





Á PROCURA DO NOSO PASADO
por Manuel Rodríguez Alonso
Comentario publicado en Vieiros.com
Ir al artículo original

Como xa fixera na triloxía que dedicou a Murguía, ou nos volumes sobre Alfredo Vicenti, Durán parte da idea de que a historia galega, tanto a política coma a cultural, se presenta habitualmente desde perspectivas nacionalistas, de xeito que se produce unha especie de sacralización de Murguía e das concepcións que Murguía e os seus seguidores nos foron transmitindo sobre o Rexurdimento e os seus continuadores. Murguía, sinala Durán neste e noutros libros, teceu en obras coma Los Precursores unha historia política, cultural e literaria de Galicia que o privilexiaba a el e aos seus seguidores e amigos, e esqueceu ou infravolorou aqueles que non eran da súa corda: Lamas Carvajal, os irmáns de la Iglesia ou, coma nos caso que agora nos ocupa, os Muruais.

Durán conecta os Muruais e o seu labor cultural e político progresista, federal e ata cantonalista co proceso de renovación de todo tipo que se produce coa instauración do Estado liberal. Fronte ao tópico de que a división administrativa en provincias de don Javier de Burgos supuxo o esfaralemanto das culturas autóctonas, o autor sostén que realmente a nova división política e administrativa do liberalismo crea 49 pequenos centros de poder: as capitais deprovincia. Centros de poder e de actividade política, pero tamén literaria e cultural. Na capital da provincia, e mesmo nas vilas de importancia (cabezas dos novos partidos xudiciais), estáblecense gobernos civís, institutos provinciais de ensino, deputacións, concellos, escolas normais, escolas de artes e oficios, audiencias provinciais, xulgados de primeira instancia, etc. Cómpre unha burocracia, máis ou menos ilustrada, que se ocupe nestas novas tarefas. Xorde así unha clase social de profesores, avogados, funcionarios, notarios, etc., que, segundo Durán, serán produtores e consumidores da nova cultura do Rexurdimento, tanto en galego coma en castelán, sobre Galicia.

Non menos interesante é a revalorización do papel que na política e na cultura galega da época do Rexurdimento tivo a xeración posterior á de Murguía: a de Lamas, Vicenti, os propios Muruais e Curros. Fronte ao elitismo murguiano ou mesmo dos integrantes da Cova Céltica coruñesa, esta xeración tenta vivir profesionalmente da literatura e do xornalismo, do público que merca os seus produtos. De aí o carácter popular e mesmo progresista, para conectaren con campesiños, artesáns e obreiros, das publicacións desta xeración. Neste grupo sitúanse os Muruais, abandeirados dunha cultura, xornalismo e política progresista, republicana, federal e ata cantonalista.

Para o estudoso da socioloxía da literatura galega Historia e lenda dos Muruais ofrece informacións moi interesantes. Malia os intentos de profesionalización como escritores da xeración dos Muruais, de Vicenti e de Lamas, moi poucos serán os que consigan ese propósito. Na Galicia da época era case imposible vender máis de cen exemplares dun libro, tanto en galego coma en castelán, sobre tema galego. Só se superaba esta cifra contando coas suscricións dos amigos ou as compras das Deputacións polas boas relacións do escritor cos poderes locais. De aí o mérito destes arriscados impresores e editores do Rexurdimento.

Xa que logo, é este un libro que cómpre ler, porque como é habitual no autor presenta unha visión orixinal do desenvolvemento de Galicia e non desde a tópica interpretación de Murguía e dos seus seguidores actuais. Por outra banda, o libro, como é habitual nas publicacións últimas de Durán, vai acompañado por un CD que conta a mesma historia desde a perspectiva audiovisual. Estes CDs son dunha utilidade innegable para os nosos centros de ensino secundario. Animamos aos profesores de galego a que llelos proxecten aos seus alumnos.

mércao aquí



Nota: Escrito por Manuel Rodríguez Alonso
Comentario publicado en Vieiros.com

 
Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 4.71
votos: 7


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Compartir


enviar a my del.icio.us


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo



Archivo de Colaboraciones | Encuestas

Administración
·Login




La Cueva de Zaratustra

Una apuesta del Taller de Ediciones por el Librepensamiento.

Taller de Ediciones

La idea y el sitio web son propiedad del Taller de Ediciones. Todo lo demás es propiedad de quién nos lo envía.



Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.031 Segundos